xoves, 29 de outubro de 2020

O novo Acomodador

 


Agora que remata o mes das bibliotecas, e neste curso no que todo semella tan difícil e tan raro, non parece o mellor momento para que apareza este blog, que só quere dúas cousas.

A primeira é servir de vía entre a Biblioteca escolar e a comunidade. Xa que houbo que parar tantas cousas que botamos de menos, tantas que nos puñan en contacto e que eran ponte para interactuar coa contorna, seguro que podemos seguir sendo biblioteca deste xeito. A biblioteca sodes vos, que ledes e escribides, que tedes curiosidade e buscades información, que necesitades os libros obrigatorios ou que demandades os que queredes ler porque si, porque vos peta. Sodes quen non vos gusta ler, e quen non faría outra cousa en todo o día, quen necesitades facer un traballo para aprobar e quen adoitaba vir no recreo porque, vaia, na biblioteca adóitase estar ben. Quen ten que usar o ordenador con urxencia porque esqueceu que tiña un traballo que entregar, quen necesita unha peli para ilustrar unha clase e quen acaba de atopar algo novo e só sente marabilla e gañas de compartilo. A colección de libros está aí, pero non é máis que o pretexto. A biblioteca é quen a usa. E para que a usemos do mellor modo que se poda agora, está este blog.

A segunda é recuperar algo que enchía de orgullo a este centro no seu momento, que era a revista. Por iso este blog leva o seu nome. E aínda que xa non sexa en papel, queremos recuperar ese espíritu do feito entre todos e todas, que expuña tan ben o que se facía no intituto. Así que a porta está aberta: enviade os vosos comentarios, os vosos escritos, os debuxos e pinturas, os vídeos que fagades. Aquí hai talento. Coma nos  vellos cines, O acomodador ha de buscarvos sitio...

ESCOLADEMENCIÑEIROS

O proxecto Escola de Menciñeiros foi unha oportunidade de inmersión lingüística para o alumnado de 3º ESO do noso IES, que tivo que procura...