mércores, 16 de xuño de 2021

ESCOLADEMENCIÑEIROS

O proxecto Escola de Menciñeiros foi unha oportunidade de inmersión lingüística para o alumnado de 3º ESO do noso IES, que tivo que procurar informantes que lles contaran remedios e usos das plantas medicinais ou aromáticas que podemos atopar de paseo por calquera recuncho de Galicia.

Ademias de estar recompilando patrimonio inmaterial que se perderá se non conseguimos transmitilo a xeracións máis novas.

Temos que agradecer a colaboración das familias e a xenerosidade ao transmitirnos o seu coñecemento neste eido.

 

O traballo tivo nesta semana o seu punto álxido, xa que vencellamos esta tarefa coa celebración do San Xoán e o seu ritual de apañar herbas medicinais e aromáticas para deixar en auga de 7 fontes na noite do 23 para o 24 de xuño.

Despois dun pequeno traballo de investigación sobre o festexo sinalado montamos unha mostra no edificio da ESO para que todo o alumnado coñeza un pouco máis esta tradición que nos xungue a outras culturas de distintos puntos do planeta.

 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

ESCOLADEMENCIÑEIROS

O proxecto Escola de Menciñeiros foi unha oportunidade de inmersión lingüística para o alumnado de 3º ESO do noso IES, que tivo que procura...