mércores, 2 de xuño de 2021

ATLAS ALLARIZ PEQUENIÑO

Este curso o alumnado de 4º ESO participou nun pequeno proxecto inspirado no Atlas da Galicia Pequeniña e en colaboración co IES Afonxo X O Sabio de Cambre.

A coordinadora de dinamización dese IES, Mar Hermida Pico, animounos a facer  este fermoso traballo de inmersión para coñecer o patrimonio da nosa vila e para que llo puidésemos ensinar ao seu alumnado, así como eles nos ensinaron os recunchos especiais da vila de Cambre.

Nunha primeira fase fixeron atlas en papel, que están expostos no edificio de Bacharelato do noso centro. 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

Xa nunha segunda fase gravaron vídeos onde cada quen amosa a parte que máis lle gusta da vila como se pode ver aquí abaixo.


1 comentario:

ESCOLADEMENCIÑEIROS

O proxecto Escola de Menciñeiros foi unha oportunidade de inmersión lingüística para o alumnado de 3º ESO do noso IES, que tivo que procura...