luns, 21 de decembro de 2020

Unha estrela no vento

A novela Unha estrela no vento, de Ledicia Costas publicada pola editorial Xerais, foi unha lectura que tivo ao alumnado enganchado e dous dos lectores agasállannos cos seus vídeos promocionais para que nos animemos a ler.

Booktuber de Miguel e Iago, 3º ESO A

Outros/as compañeiros/as dedicáronse a facer unha interpretación gráfica dalgunha pasaxe da novela que lles resultou curiosa.

Lía (3º ESO A)

  



Sofía (3º ESO C)



Xurxo (3º ESO C)



Por último, como non, tamén temos escritores/as entre o noso alumnado. Eles e elas dedicáronse a contar un final alternativo para a novela na wiki do seu curso, dentro da aula virtual do centro. Aprenderon con esta tarefa a ser responsables; polo que non só se encargaron de editar o seu contido na web con corrección, senón que tamén tiveron coidado de non estragar a tarefa que fixeran os demais.

Grazas a todos por igual por todo o traballo. Deséxovos unhas Boas Festas.

domingo, 20 de decembro de 2020

Feliz ano ó cadrado! (3º ESO A)

 


Vaia aniño! Penso que estamos listxs para deixalo atrás... Por iso, desde o grupo de 3º A, quixemos desexarvos un próximo ano moi moi feliz (ó cadrado).

"Pero que carallo pon aí?", "...a min non me mires, eu son de letras".

Imos ver que queren dicir todos eses douses. En 1º da ESO xa vimos este trimestre como operar con potencias, polo que calquera dos rapaces e rapazas vos dirán que:

  • potencia doutra potencia, multiplícanse os seus expoñentes
  • potencias coa mesma base, multiplicando, súmanse os seus expoñentes
  • calquera número elevado a cero, é igual a un.
Sabendo isto, xa podemos operar:

  • primeiro termo: 

(22)2 = 22·2 = 24

Entón, 24 24 22 2 = 24+4+2+1 = 211 = 2048

  • segundo termo:  22 22 2 = 22+2+1 = 25 = 32
  • terceiro termo: 22 = 4
  • cuarto termo: 22-2 = 20 = 1
Facemos a suma:

2048 - 32 + 4 + 1 = 2021


FELICES FESTAS!

ATA O ANO QUE VÉN! 

 


domingo, 6 de decembro de 2020

Mes da ciencia en galego. Disolucións: Arco da vella (3º ESO A)


VÍDEO:  Arco da vella

Vermello: Xián Prol         Laranxa: Jacobo Grande
                Amarelo: Sarai López          Verde: Lía Galisteo                   
                         Azul: Noel Rodríguez      Anil: Hugo Bautista                  
                                    Violeta: Adrián Castells 

Coa colaboración de Vanesa (Física e Química)


  🌈Todo vai saír ben!🌈

Desta vez presentamos un experimento de química. Os rapaces e as rapazas de 3º A, conseguiron crear no laboratorio un arco da vella dentro dunha probeta!

Para elo usaron azucre e colorante (solutos), e auga (disolvente). Como se explica no vídeo, a disolución con máis azucre (violeta), posto que é a máis densa, irá ó fondo. A anil leva menos culleradas de azucre que a violeta, polo que debería quedar por enriba da violeta. E así sucesivamente.

Se vos fixades no vídeo, á hora de botar a disolución azul, esta cae para o fondo, por debaixo da violeta. Isto quere dicir que levaba máis azucre que as outras (maior densidade).

Agardamos que vos guste!

ESCOLADEMENCIÑEIROS

O proxecto Escola de Menciñeiros foi unha oportunidade de inmersión lingüística para o alumnado de 3º ESO do noso IES, que tivo que procura...